|

Naceu en Coia e dende máis de 25 anos leva
ofrecendo actividades para a mocidade do barrio.
A asociación xuvenil Luar promove actividades
culturais, deportivas e de
ocio para a mocidade do barrio. Xunto a elas a reflexión e a
sensibilización sobre os principais problemas do noso arredor
forman o núcleo da actividade da asociación.
Froito dunha toma de conciencia sobre os problemas do sistema actual: o
acceso á vivenda, o aumento das desigualdades, a precariedade
laboral..., a.x. Luar pasou a participar en espazos formados por grupos
da cidade que denuncian estas situacións.
O instrumento de traballo son as asembleas abertas que se fan con periodicidade semanal.
|
- Cursiños: cociña, coiro,
informática, fotografía...
- Actividades deportivas: campionatos
de futbiño, baloncesto, voleibol...
- Saídas: roteiros,
excursións...
- Proxecciós: cine
documental, estreos, ciclos de cine clásico...
- Charlas: sobre débeda
externa, emprego, movementos sociais...
- Participar nas reivindicacións do barrio
e da cidade.
- Outros: raffitis, pin-pon, puenting, futbolín, rafting,
etc.
Podedes consultar as actividades que estamos a desenvolver na páxina da "Parroquia do Cristo da Victoria" ou dándonos o voso email. Se queredes ver algunhas imaxes das actividades destes últimos anos pinchade en flickr.
|

Os locais de a.x. Luar están nos baixos da parroquia "Cristo da Victoria" (rúa Baiona, 9 baixo).
Podedes atoparnos nas reunións dos martes a partires das 20.30 da noite.
|

Podes contactar connosco das seguintes formas:
> Email: axluar@yahoo.es ou axluar@gmail.com
< Teléfono: 647 293 566
> Pasando polas reunións na rúa Baiona, 9 baixo.
|

Poderedes
atopar enlaces ás páxinas web de: medios de
comunicación alternativos, colectivos, campañas, etc.
Bótade unha ollada, que a rede a temos que por ao noso servizo.
|
 |
|